Xurdir, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Cultura, organiza o martes 17 de maio de 2022 a VIII edición da Carreira Camiño das Letras, coa proba absoluta que partirá dende o Pico Sacro, seguindo a Ruta da Prata, ata a Cidade da Cultura. A maiores da proba de 15 qm, farase unha proba de 5 qm no entorno da Cidade da Cultura, ofrecendo as dúas alternativas a todos/as os/as participantes.
Inscricións abertas en www.carreirasgalegas.com.