Drone
Xurdir conta cunha ampla traxectoria na pilotaxe e na gravación aérea con drons, ofrecendo imaxes de alta calidade que achegan unha perspectiva única a calquera produción audiovisual.
A nosa experiencia abrangue spots publicitarios, a cobertura de eventos deportivos, a promoción turística e empresarial, e todo tipo de gravacións para proxectos audiovisuais. Combinamos técnica, creatividade e equipamento profesional para capturar imaxes que elevan o valor visual de cada proxecto.






