A DEBATE NO EIRADO
A XUVENTUDE FALA
“A debate no eirado” é un programa dixital enfocado ás redes sociais e á mocidade iniciativa de Xurdir Producións que nace cuns obxectivos claros: fomentar a participación activa da mocidade en temas de actualidade e en zonas rurais; resaltar as oportunidades de emprendemento que presenta o rural (valor e potencial económico do medio rural); revalorizar o entorno rural como espazo de calidade de vida para os mozos e mozas; poñer en valor a Formación Profesional en diferentes sectores nos que hoxe en día se necesitan técnicos e técnicas formados (sector primario, ganadería, forestal, carpintería…); ofrecer un espazo en galego de actualidade e de valorización da nosa lingua para a mocidade.
Así pois, xeramos un debate entre a mocidade sobre o entorno rural no que viven, as súas metas, as súas preocupacións, buscando a súa implicación en temas de actualidade e coñecendo os seus proxectos de vida.
A mocidade tirando do carro e revitalizando a Galicia rural, a Galicia maioritaria e máis representativa da nosa xeografía.