
Eventos
Desde a produción integral de congresos ata reunións financeiras, roldas de prensa, inauguracións, presentacións ou entregas de premios: en Xurdir ocupámonos de todas as necesidades do teu evento, en Santiago de Compostela e en toda Galicia.
Desde o deseño inicial do proxecto, pasando pola escenografía e os requisitos técnicos, ata as solucións de retransmisión máis avanzadas: páxina web para o teu evento con xestión de inscricións, retransmisión integrada, realización dobre e asistencia técnica para asembleas ou foros virtuais.
Que ofrecemos
- Streaming: congresos virtuais que cobren todas as necesidades dos nosos clientes
- Stands: produción de stands
- Escenarios: deseño e fabricación
- Mobiliario: atrís, moqueta, tarima, mostradores, mesas de apoio, cadeiras e butacas
- Tradución simultánea: sistema completo, pupitre de intérprete, receptores e cabinas
- Pantallas: de LED e de proxección
- Megafonía: sonorización de congresos e microfonía sen fíos
- Cámaras: fixas e robotizadas, video mapping, realización en directo e mesas de vídeo
- Iluminación: mesas de luces, focos de recorte LED, robótica LED e canóns de seguimento
- Cartelaría e sinalética
- Informática
- Persoal: servizos de azafatos e azafatas, e de técnicos e técnicas
Eventos recentes
Salvo onde se indica, en todos estes actos encargámonos da organización, o deseño do escenario, os elementos decorativos e os elementos audiovisuais.

Día Mundial do Emprendemento
2026
Instalacións publicitarias en eventos deportivos para a Deputación da Coruña
2025–2026Elementos decorativos e elementos audiovisuais.

Gala Galetiktokers
2022–2026
A muller na conserva, historias en feminino
2024
Plan de estratexia da carne
2023
Día Internacional da Muller Rural “Alma Rural”. Acto institucional
2021–2023
Premios María Josefa Wonenburger
2021–2023
Mulleres na economía social
2022
Evento Igualdade Followers
2022
Eventos de concentración parcelaria
Oroso, Lalín, Xunqueira de Ambía…

Actos dos Polos de Emprendemento
Silleda, Melide, Baños de Molgas…

Sinatura de convenios de colaboración da Xunta de Galicia
Outros eventos

Presentación da XX Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar
2019
Presentación do vídeo “Oroso, no curso do tempo”
Organización do acto, montaxe do escenario e elementos audiovisuais.

Presentación do documental “Monforte de Lemos, Vía Sacra”
Organización do acto, montaxe do escenario e elementos audiovisuais.

Masterclass con Javier Gómez Noya e Ternera Gallega
Masterclass sobre deporte e nutrición en Madrid e Valencia co deportista Javier Gómez Noya.

Percorrido en bicicleta Xacobeo 21/22
Organización do acto.

Carreira Camiño das Letras
Carreira anual que parte dende o Pico Sacro ata a Cidade da Cultura con motivo da celebración das Letras Galegas.