Producións televisivas

Xurdir tamén desenvolve contidos audiovisuais para a Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG), participando na creación de diversos formatos. Entre os proxectos máis destacados está Mirada Allea, unha serie actualmente en produción e pendente de estrea na grella da TVG.

Para a plataforma AGALEGA realizamos diversos formatos de menor duración, orientados á divulgación e á posta en valor de diferentes realidades sociais e culturais de Galicia.

En produción para a TVG

Mirada Allea

Mirada Allea converte en protagonistas persoas estranxeiras que decidiron asentarse en Galicia, a través de tres relatos que se desenvolven arredor dunha temática común en cada capítulo. O agro, a gastronomía, os oficios, a rehabilitación de vivendas ou o emprendemento funcionan como fío condutor para descubrir as súas historias, os lugares nos que viven, as relacións coa veciñanza e os desafíos que marcan os seus camiños.

O armario

O armario

Adentrámonos nos armarios de diversas persoas famosas, para coñecer máis sobre elas e sobre a súa forma de entender a moda.

Ver os episodios en AGALEGA
Un prato ao día

Un prato ao día

Un programa para ensinar ás novas xeracións a cociñar pratos rápidos, sinxelos e baratos da man de Ángel García Vidal (@agavichef).

Ver os episodios en AGALEGA
Galicia, peza a peza

Galicia, peza a peza

Moita da historia de Galicia e das súas vilas e cidades está recollida na rede museística galega, pero a maioría dos museos e das pezas que atesouran son descoñecidas. A través dunha peza concreta falamos do seu museo, da vila na que está e do que nos conta sobre a historia de Galicia.

Ver os episodios en AGALEGA
Estudante 360

Estudante 360

Benvido ao curso universitario. Neste programa pasamos 24 horas pegados á vida dos estudantes universitarios para descubrir como afrontan esta etapa.

Ver os episodios en AGALEGA
Xogas?

Xogas?

Xogas? pon en valor os deportes minoritarios que se xogan en Galicia. Percorremos a comunidade descubrindo deportes curiosos, traídos doutros lugares ou mesmo senlleiros de Galicia que agora están case esquecidos.

Ver os episodios en AGALEGA
Xurdir Marketing e Comunicación
Resumen de privacidade

Nesta web empréganse cookes para que poidamos ofrecer unha mellor experiencia de usuario. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecer cando volves a nosa web ou axudar a noso equipo a entender que secciónes da web encontras máis interesantes e útiles.

Neste enlace podes ver a política de privacidade: https://xurdir.com/cookies-2/