Navega pola galería para ver as imaxes da estrea do documental ‘Chantada, a festa dos elementos’

En colaboración co Concello de Chantada estreamos o venres 25 de febreiro no auditorio municipal o documental “Chantada, a festa dos elementos”. 

Arredor dun centenar de persoas reuníronse no auditorio para presenciar a estrea do documental. O traballo versa sobre a industria e a actividade económica do municipio e reflicte o traballo e a riqueza do tecido empresarial de Chantada, que aparece representado nesta peza audiovisual por numerosas firmas de diversos sectores.

Ignacio Seijo, director da produtora Xurdir, agradeceu ao Concello de Chantada e ás empresas o seu fundamental apoio para levar a cabo este proxecto. O alcalde chantadino, Manuel Lorenzo, salientou a importancia de dar a coñecer ao mundo toda a riqueza do seu municipio con traballos como o que se estreou este venres.

Xurdir firma, con esta produción, 25 documentais noutros tantos concellos galegos.

Tes un proxecto?

Queres un vídeo corporativo? Queres organizar un evento? Queres facer un documental? Tes unha idea que queiras levar a cabo?

Cóntanos a túa idea e axudámosche a facela realidade.

Falemos
Xurdir Marketing e Comunicación
Resumen de privacidade

Nesta web empréganse cookes para que poidamos ofrecer unha mellor experiencia de usuario. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecer cando volves a nosa web ou axudar a noso equipo a entender que secciónes da web encontras máis interesantes e útiles.

Neste enlace podes ver a política de privacidade: https://xurdir.com/cookies-2/