Somos unha empresa especializada na comunicación, produción, edición e organización de eventos, dispoñendo de medios propios para o desenvolvemento de proxectos nestas áreas.
O noso obxectivo é dar a coñecer os proxectos e produtos das empresas, institucións ou particulares que contratan os nosos servizos, así como facer xurdir novas ideas.
Reforzamos a implantación social das firmas para as que traballamos, e cimentamos a súa faceta máis vital, a económica, a través de estratexias comunicativas deseñadas para cada cliente.
Podes ver o catálogo de servizos de Xurdir no seguinte enlace.