
Producións audiovisuais
O sector audiovisual é un dos eixos centrais da actividade de Xurdir. Desde Santiago de Compostela realizamos para toda Galicia producións audiovisuais tales como documentais, programas de televisión, spots ou vídeos corporativos, empregando drons e a tecnoloxía máis recente para ofrecer produtos exclusivos, e estamos en permanente procura de novos contidos e formatos.
O noso equipo humano e creativo conta cunha ampla formación no sector audiovisual, e investimos nun equipo técnico de vangarda en cada unha das nosas producións. Os traballos realizados para institucións públicas e privadas avalan a nosa experiencia neste sector.
Documentais
Case 50 documentais sobre a economía e o patrimonio do rural galego.

Producións televisivas
Formatos para a TVG e a plataforma AGALEGA.
Vídeos corporativos
Spots e vídeos para empresas, institucións e redes sociais.

Drone
Gravación aérea para publicidade, deporte e turismo.

A debate no eirado
A mocidade do rural galego debate sobre o seu futuro.