Masterclass con Ternera Gallega e Javier Gómez Noya en Madrid

versión castellano

O día 6 de abril do 2019 levouse a cabo no Centro Comercial La Vaguada unha Masterclass con Ternera Gallega e Javier Gómez Noya sobre nutrición e deporte. Esta Masterclass tamén incluía un pequeno entreno co embaixador de Ternera Gallega polo parque La Vaguada e, por suposto, unha degustación.

A promoción deste evento promocional comezaba o luns día 1 de abril coa difusión da Masterclass e do spot de Ternera Gallega no centro comercial La Vaguada a través de 9 pantallas dixitais espectaculares e 60 mupis dixitais. Esta promoción tivo unha duración de 6 días.

A Masterclass comezou ás 16:00 horas na Plaza Central da Planta 0 do Centro Comercial La Vaguada, coa recepción dos participantes, entrega dunha camiseta co deseño de Ternera Gallega e a firma de autógrafos e Photocall con Javier Gómez Noya.

Posteriormente daba comezo a Masterclass cunha charla sobre deporte e nutrición da man de Javier Gómez Noya. Ademais, os participantes tiveron a oportunidade de poder sair a entrenar con Gómez Noya no parque La Vaguada.

Unha vez rematada a Masterclass os participantes dirixíronse á Plaza Central da Planta 0 do Centro Comercial de La Vaguada para asistir a unha degustación de Ternera Gallega. Así mesmo, unha vez que os participantes tiveron a oportunidade de degustar Ternera Gallega abriuse a degustación a toda a xente que quixo participar.