Comunicación
versión castellano
Ofrecemos os servizos de gabinete de prensa, cobertura de congresos e eventos, deseño e actualización de imaxe corporativa, campañas de relacións públicas, enquisas e produción de contidos para todo tipo de soportes.
Contamos con profesionais con experiencia no eido dixital para o deseño e a actualización de contidos web e presenza nas redes sociais, xunto a todo tipo de estratexias de comunicación on line.
No eido da comunicación ofrecemos estes servizos:
- Gabinete de prensa: redacción e difusión de comunicados e organización de roldas de prensa, así como organización de gabinetes de crise.
- Cobertura informativa gráfica e literaria e organización de congresos, foros, xornadas, seminarios ou eventos de todo tipo.
- Actualización de contidos das webs ou deseño desde cero xunto a unha estratexia de comunicación on line.
- Deseño ou actualización da imaxe corporativa.
- Seguimento da imaxe do cliente nos medios e na rede e xestión de campañas de publicidade.
- Campañas de relacións públicas e consultoría de comunicación.
- Produción de contidos para todo tipo de soportes de comunicación.
- Enquisas.