Este vídeo propón descubrir as árbores senlleiras máis curiosas, significativas e representativas de cada unha das provincias de Galicia. Esta peza audiovisual achega ao espectador a esencia destas fermosas árbores e do lugar no que se atopan. Trátase dunha pequena cata de paisaxe, unha píldora de natureza, un sorbo de oxíxeno.