Comunicación

versión castellano

Ofrecemos os servizos de gabinete de prensa, cobertura de congresos e eventos, deseño e actualización de imaxe corporativa, campañas de relacións públicas, enquisas e produción de contidos para todo tipo de soportes.

Contamos con profesionais con experiencia no eido dixital para o deseño e a actualización de contidos web e presenza nas redes sociais, xunto a todo tipo de estratexias de comunicación on line.

No eido da comunicación ofrecemos estes servizos:

  • Gabinete de prensa: redacción e difusión de comunicados e organización de roldas de prensa, así como organización de gabinetes de crise.
  • Cobertura informativa gráfica e literaria e organización de congresos, foros, xornadas, seminarios ou eventos de todo tipo.
  • Actualización de contidos das webs ou deseño desde cero xunto a unha estratexia de comunicación on line.
  • Deseño ou actualización da imaxe corporativa.
  • Seguimento da imaxe do cliente nos medios e na rede e xestión de campañas de publicidade.
  • Campañas de relacións públicas e consultoría de comunicación.
  • Produción de contidos para todo tipo de soportes de comunicación.
  • Enquisas.